'VIAXE Á LÚA': LORCA POR VOADORA

DATOS BÁSICOS

EscenaGZ

TerritoriodasMulleres

Idade recomendada: adultos

Duración: 90 min

Lingua: sen texto

Un poeta ten que ser profesor nos cinco sentidos corporais... nesta orde: vista, tacto, oído, olfacto e gusto. Para poder ser dono das máis belas imaxes ten que abrir portas de comunicación en todos eles e con moita frecuencia ten que superpoñer as súas sensacións e aínda, disfrazar a súa natureza.

(Federico García Lorca, Obras completas,  p. 67)

Viaje a la Luna é o único guión de cinema de Lorca. Federico escribe este texto durante a súa estancia en Nova York en 1929 como contestación a Buñuel e Dalí tras visionar Un chien andalou.

Pertencente ao mesmo ciclo que Poeta en Nueva York ou El público, o guión está composto por 72 secuencias e en cada unha delas Lorca golpéanos desde o máis profundo do inconsciente con imaxes dun prodixio exultante.

Unha trip movie infestada de simbolismo e erotismo. Unha festa dos sentidos. 

Guión cinematográfico: Federico García Lorca  

Dramaturxia e dirección: Marta Pazos 

Espazo escénico e iluminación: Cube.bz 

Música orixinal: Hugo Torres 

Vestiario: Alejandra Lorenzo 

Coreografía: Amaranta Velarde 

Apoio dramatúrxico: Montse Triola 

Asesoramento artístico: Voadora 

Axudantes de dirección: Sadurní Vergés e Àlex Pereira 

Coordinación Proyecto IT Teatre: Joan Cusó i Ramon Simó 

"VIAXE Á LÚA" é un espectáculo VOADORA nacido no PROXECTO IT Teatre, froito da coprodución entre Teatre Lliure e Institut del Teatre de la Diputació de Barcelona.

Elenco artístico: Laia Alberch, Marc Domingo, Rut Girona, Cristina Martínez, Clara Mingueza, Mariona Rodríguez, Gal·la Sabaté e Paula Sunyer 

 

Web da compañía: voadora.es

Duración: 
90 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

12 euros
* Descontos do 50% para colectivos habituais

- Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462

- Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 12 Xuño, 2021
20:30
Auditorio de Galicia