Un gran espectáculo para o público miúdo.
O domingo 27 de decembro, no Auditorio de Galicia, terá lugar unha das citas máis especiais do ano para as familias de Compostela. A xa tradicional Festa do Apego convértese desta volta en Festival, cun elenco de artistas recoñecidos polo público miúdo que conformarán un espectáculo inédito para amosar a riqueza das creacións en lingua galega para as crianzas.
Magín Blanco, Xarope Tulú, Mamá Cabra, Fantoches Baj, Golfiños, Pablísimo, Pakolas, Aldaolado e Pablo Díaz conducidos por Iria Pinheiro e coa presenza ineludible do Apalpador no corpo de Anxo Moure farán as delicias das familias compostelás e galegas nunha tarde de tempo de Nadal e ficarán como recurso permanente na serie de vídeos que se van producir posteriormente.
- Cartel do Festival
- Departamento de Lingua do Concello de Santiago
- Programa Apego
- Web do Apego
Retransmisión ao vivo en:
Canle de Youtube DLG Compostela
Canle YouTube Concello de Santiago
Canle YouTube Compostela Cultura