WOMARTS TRAINING

DATOS BÁSICOS

Womarts training: Programa formativo de emprendemento e capacitación profesional para mulleres artistas

No marco do proxecto Womarts lánzase este programa formativo dirixido a mulleres artistas, co obxectivo de procurar un espazo de intercambio, visibilización, profesionalización e consolidación da presenza das mulleres nas artes. Unha proposta da man do Auditorio de Galicia e do Limerick Institute of Technology de Irlanda, partners no proxecto europeo Wom@rts, financiado polo Programa Europa Creativa da Unión Europea.

A proposta baséase nunha programación interdisciplinar arredor do emprendemento e a capacitación profesional estruturada en seis bloques temáticos, impartidos de xeito maioritariamente virtual e durante sete sesións. O programa formativo, de 30 horas de duración, contempla 24 horas en grupo, das cales as 16 primeiras serán de formación virtual e as outras 8 presenciais, incluíndo estas últimas a elaboración dunha peza colectiva e o peche do curso no Auditorio de Galicia. As 6 horas restantes até completar as 30 recollen o tempo de traballo individual de cada participante e un servizo de tutorización individualizado coas docentes de cada tema.

Data límite de envío de candidaturas: 23 de outubro

Datas da formación: do 3 de novembro ao 18 de decembro

PROCESO DE SELECCIÓN DE ARTISTAS PARTICIPANTES
O envío de candidaturas realizarase a través de correo electrónico, facilitando a 7Hcoop@7hcoop.gal a seguinte información:

  • Nome e apelidos, data de nacemento e pseudónimo (se é o caso).
  • CV, bio e/ou portafolio artístico.
  • Breve texto no que se explique a motivación para inscribirse no programa e as expectativas sobre o mesmo.

 

Funcións: 
Mércores, 7 Outubro, 2020 a Venres, 18 Decembro, 2020
Auditorio de Galicia