CURTOCIRCUÍTO_LÚA VERMELLA 2

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
Longas x Curto

Nesta edición Curtocircuíto programa as primeiras ou segundas longametraxes de cineastas que levan moitos anos medrando ao noso lado. Hai xa dez anos que Curtocircuíto exhibiu por primeira vez un traballo de Lois Patiño, do mesmo xeito que o festival fixo a primeira retrospectiva de Jessica Sarah Rinland hai xa tres edicións, que ademais viña de participar na Sección Oficial un ano antes, onde resultou gañadora. Igualmente, Curtocircuíto exhibiu con moito éxito as primeiras curtametraxes do colombiano Camilo Restrepo, que estará en Santiago por terceira vez. No caso de Oskar Alegria, se ben os seus traballos anteriores non formaron parte das nosas programacións, como director do Festival Punto de Vista mantivo unha estreita colaboración con Curtocircuíto. Todos eles son hoxe cineastas de sobra recoñecidos no circuito internacional.

Lúa vermella
Lois Patiño | 2019 | 1:24:00 | España | FIC | COR, B&N
Nunha vila da costa galega, o tempo semella detido. Todas as persoas están paralizadas, mais as súas voces pódense ouvir: falan de pantasmas, de bruxas, de monstros. Ao lugar chegan tres mulleres na procura do Rubio, un mariñeiro da vila que desapareceu no mar.

Duración: 
85 MIN
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Venres, 9 Outubro, 2020
23:00
Teatro Principal