CURTOCIRCUÍTO 2020
PENÍNSULAS 1
Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.
Günst ul vándrafoo / Ráfagas de vida salvaje
Jorge Cantos | 2019 | 24:00 | España | FIC | COR
Din que ten un rapaz encerrado. Ás veces véselle asomar un ollo polo valado. Calquera día foxe.
Estrea en Galicia
Arenal
Rafa Alberola | 2019 | 22:00 | España | FIC | COR
Dous amigos adolescentes pasan o mes de agosto en Madrid, mais non se poden ver.
Panteres
Èrika Sánchez | 2020 | 22:30 | España | FIC | COR
Joana e Nina, dúas mozas de 15 anos, viven en Barcelona atrapadas nas contradicións da puberdade feminina no primeiro mundo. Ambas son mulleres do seu tempo e condición: redes sociais, inmediatez e excesos. Hoxe, Joana decidiu idear un xogo no que involucrará a súa amiga Nina. Un día decisivo na puberdade que provocará que algo en cada unha delas cambie para sempre.