CURTOCIRCUÍTO 2020
RADAR 2
Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.
Waste no6: How great
Jan Ijäs | 2019 | 45:28 | Finlandia | DOC | COR
Antes, pegabamos as fotografías en álbums de cartón, escondiamos as cartas e outra correspondencia nun lugar seguro, e exhibiamos a música e as películas nos nosos andeis. Agora, esa mesma información almacénase nos nosos teléfonos e nos discos duros dos nosos computadores, e ocúltase nunha nube. Esa nube adoita representarse en cor azul sobre fondo branco.
Bugs & Beasts Before the Law
Sharlene Bamboat, Alexis Mitchell (Bambitchell) | 2019 | 32:30 | Canadá, Alemania, Reino Unido | EXP | COR
Insectos e bestas ante a lei é un filme experimental que explora a práctica medieval de levar os animais a xuízo. A historia do proceso lexislativo colonial forxou relacións políticas e ás veces profanas entre humanos e animais. A película reimaxina as percepcións comúns da historia xurídica e, deste xeito, crea un mundo onde o pasado e o presente, a ficción e a non ficción se fusionan.