CURTOCIRCUÍTO 2020 – RADAR 1
Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.
Stump the Guesser
Guy Maddin, Evan Johnson, Galen Johnson | 2019 | 19:24 | Canadá | FIC | COR, B&N
Traballa no parque de atraccións como “Stump o Adiviño” e pode adiviñar calquera cousa por un prezo dado. Mais, de súpeto, os seus trucos deixan de funcionar. Namora entón sen querer de súa irmá, á que daba por desaparecida. A partir de aí emprende un plan para refutar cientificamente a teoría da transmisión hereditaria e casar coa súa amada canto antes. Unha absurda pirotecnia de cine mudo en branco e negro.
L'année dernière à Dachau
Mark Rappaport | 2020 | 29:21 | Francia, EEUU | FIC | COR, B&N
Durante a rodaxe d’O ano pasado en Marienbad, preto de Múnic en 1960, algúns membros do equipo e do elenco foron visitar Dachau, o primeiro campo de concentración. Estaba a tan só oito quilómetros do château onde filmaban. Como é posible que un dos castelos máis elegantes do mundo estivese tan preto dun artefacto dun dos episodios máis espantosos da historia mundial? Como se explica isto, se é posible? Tingue este feito a nosa relación cunha das películas posbélicas máis fermosas e enigmáticas que existen?
Une Nuit à l'Opéra
Sergei Loznitsa | 2020 | 19:00 | Francia | DOC | B&N
A partir do metraxe de arquivo das décadas de 1950 e 1960, o filme revisita as galas da Ópera de París, frecuentas por celebridades francesas e internacionais, membros da realeza e xefes de Estado. Cun estilo de montaxe exquisita e un sutil sentido de humor, Sergei Loznitsa revive a glamurosa época na que reis e reinas, presidentes e estrelas do cinema ascendían polas escaleras do templo Garnier para venerar a arte da ópera.