CINEUROPA | CICLO 100 ANOS DE PAULINE KAEL:
“A CRÍTICA GUERREIRA”
Mark Rydell
Estados Unidos / 134 min. / Drama, música / Inglés
Ficha artística:
Bette Midler, Alan Bates, Frederic Forrest, Harry Dean Stanton, Barry Primus, David Keith, Sandra McCabe
Ficha técnica:
Guión: Bill Kerby, Bo Goldman
Fotografía: Vilmos Zsigmond
Música: Paul A. Rothchild
Sinopse:
Rose é unha estrela de rock cuxo éxito está estreitamente vinculado ao alcohol e ás drogas. Con todo, co paso do tempo, eses excesos serán a causa do seu declive. Cando Rose, intenta saír dese inferno, pídelle ao seu managerque lle permita coller un respiro, pero el négase. Daquela ela busca consolo e amor nos brazos dun atractivo lampatín que non poderá seguir o ritmo frenético da súa vida de excesos.
1980: candidatura ao mellor filme estranxeiro nos Premios César
1980: candidatura á mellor actriz (Bette Midler) e ao mellor son nos Premios BAFTA
1979: candidatura á mellor actriz (Midler), ao mellor actor secundario (Forrest), á mellor montaxe e ao mellor son nos Premios Óscar
1979: premio á mellor actriz de musical/comedia, á mellor actriz revelación (Midler) e á mellor canción e cinco candidaturas nos Globos de Ouro
1979: candidatura á mellor actriz (Midler) e ao mellor actor secundario nos Premios do Círculo de Críticos de Nova York