Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.
COMO FERNANDO PESSOA SALVOU PORTUGAL
Eugène Green | 2018 | 26:58 | Portugal, Francia, Bélxica | FIC | COR
Durante os anos 20, a petición dun dos seus empregados, o poeta Fernando Pessoa concibe un slogan publicitario para a bebida Coca-Louca, que aterra ao goberno autoritario da época.
LEVITTOWN
Nelson Bourrec Carter | 2018 | 13:11 | Francia, EUA | EXP, FIC | COR
Un home novo camiña polo barrio residencial de Levittown, o primeiro suburbio estadounidense, mentres recita un monólogo feito de liñas estrañamente familiares. Cando o sol se pon, unha muller nova dunha casa que está preto enfróntase a unha ameaza invisible.
Estrea en España
THE BOOGEYWOMAN
Erica Scoggins | 2018 | 17:00 | EUA | FIC | COR
Baixo as febres do seu primeiro período, unha adolescente tardía vese atormentada pola lenda local do seu pequeno pobo, solo para descubrir que "A muller do saco" é de carne e óso. A nai que nunca tivo.
Estrea en Galicia
FUCK YOU
QUE TE FODAN
Anette Sidor | 2018 | 14:41 | Suecia | FIC | COR
Alicia está con Johannes pero non ten suficiente espazo para ser ela mesma. Unha noite de festa con amigos, rouba un strap-on e pon a proba as ideas do seu mozo sobre as rapazas.