'Falar con Matarile mirando a un xardín'
Encontro con Ana Vallés e Baltasar Patiño arredor da traxectoria de Matarile e do espectáculo do día seguinte. Tomando un café (ou o que queirades) e mirando ao xardín do Auditorio, o encontro servirá tamén para coñecer as estratexias dramáticas e escénicas do espectáculo a través de apoio audiovisual.
Venres 18 de outubro de 17.30 a 19.30 h. Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia.
Espectáculo vencellado Los limones, la nieve y todo lo demás de MATARILE TEATRO.
Público ao que se dirixe: Público adulto.
Número de persoas: 30
Para inscribirse, escribir a comunicacion@auditoriodegalicia.org solicitando a asistencia a esta actividade. A asignación de prazas farase por estrito orde de chegada da solicitude.