"A paisaxe sonora do noso planeta"
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA e ABRAHAM CUPEIRO, multinstrumentista
O que caracteriza ao construtor e multiinstrumentista, Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, e utilizalos para crear novas sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles.
Hai uns 200 millons de anos no noso planeta existía un único e xigantesco continente: Pangea . Este empezou a separarse e co paso do tempo deu lugar aos diferentes continentes actuais tal como os coñecemos .
A viaxe que propoñemos é a unión mediante a música das diferentes partes do planeta.
Dende a austral Oceanía cos ecos das suas caracolas, ate as misteriosas montañas chinas onde o son do Hulusi debuxa coas súas melismáticas melodías as liñas destas; grandes chairas como as de norteamérica , selvas como as de sudamérica, a frauta Peule de Senegal, a Gaida Búlgara, a desafiante Zurna e as milenarias cornas de pastor coserán o vestido que unirá unha vez máis a nosa terra, Pangea!
Recomendada para maiores de 12 anos