AVISO: A función prevista para o venres, 8 de marzo, queda cancelada pola Folga de Mulleres. Xa se procederon a devolver os cartos das entradas a todas e todos os que a mercaron pola web. Os e as que as mercaron en billeteira, deben achegarse por alí coas entradas para que lles reembolsen os cartos.
REDRUM TEATRO
EscenaGZ
Idade: adultos
Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC
Carlos Varela preséntase a unha probas psicolóxicas remuneradas pensando que será unha maneira sinxela de resolver os seus problemas económicos. Unha atractiva psicóloga formularalle preguntas e enigmas que o porán nervioso obrigándolle a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace... Un xogo negro, divertido e cheo de suspense que levará ao protagonista ao límite da súa paciencia e razón. Un xogo tamén para o espectador que deberá resolver os diferentes obstáculos xunto ao protagonista dende a súa butaca.
Club C!
#POSFUNCION. Ao remate da función o 7 de marzo os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.
Autor: Jordi Casanovas
Dirección e tradución: Alex Sampayo
Intérpretes: Machi Salgado, Susana Sampedro
Escenografía: Redrum Teatro
Vestiario: Guillermo Carbajo
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Vídeos e espazo sonoro: Alex Sampayo
Web: redrumteatro.com
https://www.facebook.com/Redrumteatro/