EL SILENCIO DE OTROS

DATOS BÁSICOS

DEREITOS HUMANOS: A MEMORIA É PRESENTE

Dirección: Almudena Carracedo, Robert Bahar

Estados Unidos, España / 2018 / Longametraxe / Documental / Castelán

Ficha técnica

Guión: Almudena Carracedo, Robert Bahar.
Fotografía: Almudena Carracedo.
Música: Leonardo Heiblum, Jacobo Lieberman.
Produción: Semilla Verde Productions / Lucernam Films / American Documentary POV / Independent Television Service / Latino Public Broadcasting (LPB) / El Deseo.

Sinopse

Retrato cinematográfico do primeiro intento na historia de procesar os criminais da ditadura franquista, quen, para descoñecemento de gran parte do mundo, gozaron de impunidade durante décadas debido á Lei de amnistía de 1977. A película saca á luz un pasado doloroso ao que España é remisa a enfrontarse, mesmo hoxe en día, décadas despois da morte do ditador.

Premios

  • Premio do público ao mellor documental da Sección Panorama no Festival de Berlín 2018.
Duración: 
96 min
Entradas: 

VENTA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • No Teatro Principal (de 15.30 a 22 h) para toda as proxeccións
  • En NUMAX (de 10 a 14 h e de 16 a 22 h) e en Multicines Compostela (de 16.40 a 22 h) para as proxeccións da propia sala.

VENTA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión.

  • No Teatro Principal, para as proxeccións de Teatro Principal, Salón Teatro, e Museo das Peregrinacións.
  • En Multicines Compostela e en NUMAX para as proxeccións da propia sala.

PREZO:

  • 4 euros
  • Abono 10 películas: 30 euros
Funcións: 
Mércores, 14 Novembro, 2018
20:00
Salón Teatro
Xoves, 15 Novembro, 2018
18:15
Teatro Principal