Dirección: Domingo Díaz
España / 2018 / Longametraxe / Documental / Galego, Castelán
Ficha artística
Juan García Benítez , Francisco Blanco, Susana Chávarri, Rogelio Díaz, Francisco Delgado, Abilio Mojón, Xoán Carlos Nóvoa, Diotino Pombar, Ricardo Yagüe.
Ficha técnica
Guión: Domingo Díaz Docampo.
Fotografía: Miguel Ares.
Música: Arturo Kress.
Produción: Domingo Díaz Docampo.
Sinopse
En 1959, Alejandro do Campo, o novo enxeñeiro responsable dos proxectos de Saltos do Sil, durmía pouco. En xaneiro, a rotura dunha presa de Eléctricas Moncabril arrasara a aldea de Ribadelago na provincia de Zamora. Meses despois, o Sil baixaba cun caudal maior do previsto e as presas de Santo Estevo e San Pedro aínda estaban en construción. O enxeñeiro era consciente do perigo que chegaba en forma de riada. A posibilidade doutra traxedia, agora en Ourense, era real. Mentres Diotino, empregado de Saltos do Sil, traballaba día e noite para mitigar os efectos da riada, os seus veciños agricultores seguían as súas rutinas con normalidade. Non eran conscientes da catástrofe que axexaba. Tampouco da transformación que ían soportar as súas vidas e as comarcas nas que se asentaban as obras.