Recomendado para 1º, 2º e 3º ESO
ELAS BRAVAS! pretende ser por 2º ano unha celebración da presenza feminina no audiovisual, tanto a nivel de creación (directoras, produtoras, actrices…) como de perspectiva de xénero nas historias.
Nesta sesión as protagonistas serán ELAS, en filmes con protagonistas femininas e cuxas historias están contadas dende a súa perspectiva, e tamén curtametraxes dirixidos e producidos por mulleres, a través dos cales coñeceremos a profesionais importantes (e bravas!) da industria audiovisual.
Na presentación e debate posterior en formato cinefórum contaremos coa directora Olga Osorio, cuxa curtametraxe Einstein-Rosen forma parte da sesión e que nos explicará os detalles do seu traballo e a súa profesión.