PANGEA

Auditorio de Galicia
DATOS BÁSICOS

 

"A paisaxe sonora do noso planeta"

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA e ABRAHAM CUPEIRO, multinstrumentista

Recomendado para ESO e Bacharelato

O que caracteriza ao construtor e multiinstrumentista, Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, e utilizalos para crear novas sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles.

 

Hai uns 200 millons de anos no noso planeta existía un único e xigantesco continente: Pangea . Este empezou a separarse e co paso do tempo deu lugar aos diferentes continentes actuais tal como os coñecemos .

A viaxe que propoñemos é a unión mediante a música das diferentes partes do planeta.

 

Dende a austral Oceanía cos ecos das suas caracolas, ate as misteriosas montañas chinas onde o son do Hulusi debuxa coas súas melismáticas melodías as liñas destas; grandes chairas como as de norteamérica , selvas  como as de sudamérica, a frauta Peule de Senegal, a Gaida Búlgara, a desafiante Zurna e as milenarias cornas de pastor coserán o vestido que unirá unha vez máis a nosa terra, Pangea!

Duración: 
1 hora
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Xoves, 21 Febreiro, 2019
11:00
Auditorio de Galicia
Venres, 22 Febreiro, 2019
11:00
Auditorio de Galicia