CINEUROPA · CENTENARIO JORGE SEMPRÚN
Z (1969)
Costa-Gavras
Francia, Alxeria / 127 min / Ficción / Francés, ruso, inglés
Ficha artística:
Yves Montand, Irene Papas, Jean-Louis Trintignant
Ficha técnica:
Guión: Jorge Semprún, Costa Gavras. Baseado na novela de Vassili Vassilikos
Fotografía: Raoul Coutard
Edición: Françoise Bonnot
Produción: Office National pour le Commerce et l’Industrie Cinématographique, Reggane Films, Valoria Films
Sinopse:
Nun país aparentemente democrático pero dominado polas forzas policiais e militares, un deputado da oposición é asasinado en plena rúa cando acababa de presidir un mitin de carácter pacifista. O asasinato, supostamente cometido por exaltados dun grupo de ultradereita, é encuberto polo Goberno e os militares. Porén, a investigación do caso será encomendada a un novo maxistrado que indagará no turbio asunto coa axuda dun xornalista gráfico.
En 1969, o director Costa-Gavras decidiu adaptar á gran pantalla unha novela do escritor e diplomático Vassilis Vassilikos na que se denunciaba o asasinato en 1963 de Grigoris Lambrakis, deputado grego de esquerdas e pacifista. O responsable do guión foi Jorge Semprún. O resultado, unha das mellores películas sobre política xamais filmadas.
Mellor película de fala non inglesa e mellor montaxe nos Óscar 1970
Premio do xurado para Costa-Gavras en Cannes 1969
Mellor actor para Jean-Louis Trintignant en Cannes 1969