CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · O CORAZÓN DO CINEMA É A LIBERDADE
YOUNG MR. LINCOLN / O MOZO LINCOLN (1939)
John Ford
Estados Unidos / 100 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Henry Fonda, Alice Brady, Marjorie Weaver, Arleen Whelan
Ficha técnica:
Guión: Lamar Trotti
Fotografía: Bert Glennon, Arthur C. Miller
Edición: Walter Thompson
Produción: Darryl F. Zanuck, Kenneth Macgowan
Sinopse:
Esta película céntrase nos anos de mocidade de Abraham Lincoln, o futuro presidente dos Estados Unidos, cando aínda era un rapaz con vocación pola xurisprudencia. Animado polo seu amor por Ann Rutledge, Lincoln deixa atrás a súa vida como leñador en Kentucky e comeza a destacar como avogado. Un dos seus primeiros grandes logros profesionais é a defensa exitosa de dous irmáns acusados de asasinato, demostrando xa daquela o seu compromiso cos dereitos dos máis humildes.
Nominada ao mellor guión orixinal nos Óscar 1940