Portada
Música
Escena
Visual
Cinema
Familia
Didáctica
Letras
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Cineuropa
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · O CORAZÓN DO CINEMA É A LIBERDADE
YOU ONLY LIVE ONCE / SÓ SE VIVE UNHA VEZ (1937)
Fritz Lang
Estados Unidos / 85 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Sylvia Sidney, Henry Fonda, Barton MacLane
Ficha técnica:
Guión: Gene Towne, Charles Graham Baker
Fotografía: Leon Shamroy
Edición: Daniel Mandell
Produción: Walter Wanger
Sinopse:
Eddie Taylor, un exconvicto que tenta retomar a súa vida tras saír da cadea, enfróntase a un destino cruel cando o acusan inxustamente dun asasinato que non cometeu. Malia contar co apoio da súa esposa, vese forzado a escapar xunto a ela e o seu bebé. A súa condición de delincuente reincidente, con varias condenas enriba, fai que a sociedade o siga sinalando. A fatalidade impídelle manterse no camiño dereito, malia os seus esforzos por comezar de novo.
Entrada de balde previa retirada de convite
Bono 10 películas: 30 euros
Catálogo: 2 euros
PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:
compostelacultura.gal
Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349
EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:
NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.
PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA