CINEUROPA | PANORAMA INTERNACIONAL
Kôji Fukada
Xapón / 111 min. / Drama / Xaponés
Ficha artística:
Mariko Tsutsui, Mikako Ichikawa, Sosuke Ikematsu, Hisako Ookata, Mitsuru Fukikoshi, Miyu Ogawa
Ficha técnica:
Guión: Kôji Fukada
Música: Hiroyuki Onogawa
Fotografía: Kenichi Negishi
Sinopse:
Ichiko traballa como enfermeira privada para unha familia da que xa case forma parte. Aínda que se encarga do coidado da avoa, tamén fai de confidente da súa neta Motoko. Pero un día, a neta máis nova desaparece. Os medios de comunicación pronto revelan que o secuestrador é o sobriño de Ichiko e o seu mundo comeza a vacilar perigosamente.
2019: sección oficial de longametraxes a concurso do Festival de Cinema de Locarno