As xornadas celebraranse do 1 ao 27 de xuño e será a musicóloga Rosa María Fernández a que as inaugure cunha charla sobre 'As dramaturxias vocais fóra da ópera'.
A voz será o fío condutor dunhas xornadas que están organizadas polo Auditorio de Galicia-Compostela Cultura, Concello de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e contan co apoio económico da Deputación da Coruña.