XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA

DATOS BÁSICOS

(IN)VISIBLES E SONORAS

Do 1 ao 29 de xuño celébranse en Compostela as Xornadas de Música Contemporánea organizadas polo Concello de Santiago (Compostela Cultura), o CGAC, a USC, a Deputación da Coruña e o Consorcio da cidade.

Serán un total de tres coloquios e nove concertos que ofrecen programas con obras compostas por mulleres case na súa totalidade. De aí o título desta edición, que responde a que o eixo transversal de todo o ciclo son as mulleres: compositoras, intérpretes, estudosas… Os eventos serán no Auditorio de Galicia, Teatro Principal, CGAC e Praza das Praterías.

 

- DESCARGA AQUÍ O FOLLETO COA PROGRAMACIÓN COMPLETA

- DESCARGA AQUÍ O CARTEL DESTA EDICIÓN

Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 1 Xuño, 2021 a Martes, 29 Xuño, 2021
Varios lugares