XORNADAS DE ILUSTRACIÓN URBANA 2024

DATOS BÁSICOS

As Xornadas de Ilustración Urbana  (XIU) volven do 8 ao 9 de novembro á Sala Mozart do Auditorio de Galicia para convidar á cidadanía e visitantes de Compostel a asistir a conferencias de artistas do debuxo e a ilustración. Iwona Flaszczynska, Daniel Pagáns, Alán Ramiro, Blanca Escrigas, Pierre Amoudry, Sarah-Marie Shaboyan e João Catarino achegarán ao público os detalles do seus proceso creativo nesta edicións. 

Coordinadas por Gemma Sesar, as XIU enmárcanse no 7º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada que se desenvolve do 7 ao 10 de novembro

PROGRAMA DE CONFERENCIAS

Venres 8 de novembro
16:00 h | Inauguración das xornadas

16:15 h | Conferencia de Iwona Flaszczynska Da observación á interpretación

17:15 h | Conferencia de Pierre Amoudry Unha viaxe polas cores

18:00 h | Conferencia de Alán Ramiro Cando ti transformas, a túa arte tamén se transforma

Sábado 9 de novembro
16:00 h | Conferencia de Blanca Escrigas Muralismo ilustrado  
16:30 h | Conferencia de Daniel Pagáns Os meus cadernos. Os meus camiños
17:15 h | Conferencia de Nacho Muñoz. Unha viaxe a través da acuarela
18:00 h | Conferencia de João Catarino O claro, o difuso e o baleiro

Ademais, durante as xornadas, Blanca Escrigas realizará en directo un mural de 2x2 metros.

Entradas: 
  • Entrada libre e gratuíta até limite de capacidade
Funcións: 
Venres, 8 Novembro, 2024
16:00
Auditorio de Galicia
Sábado, 9 Novembro, 2024
16:00
Auditorio de Galicia