XMC_INSOMNIA

DATOS BÁSICOS

VERTIXE SONORA

Óscar Carmona, concepto, música, imágenes, textos (en colaboración con ChatGPT e outras intelixencias artificiais…), electrónica en vivo.

Enrique Martínez voz

Pablo Coello, saxofóns

David Durán teclados, sintetizadores

Diego Ventoso, percusións

Iván Ferrer, difusión sonora

Insomnia*

Ópera / Teatro musical (2023) de Óscar Carmona (1975),

5 músicos e electrónica (voz, piano, teclados, saxofóns, percusións, sintetizadores, efectos de audio, obxectos, luces, textos)

*Estrea absoluta

Insomnia é un espectáculo musical, unha ópera contemporánea arredor da nosa actual condición de estar sometidos aos algoritmos que nos pechan en mundos de ficción e que nos afastande todo vínculo co real. O torrente de información ao que estamos sometidos coas redes sociais é a nosa droga cotiá, o soma moderno que aumenta o ruído interior dos nosos pensamentos. Os algoritmos das intelixencias artificiais deciden por nós e modélannos. A modo de trama poderiamos supoñer que un suxeito solitario, pechado na súa habitación, intenta sobrevivir a unha sucesión interminable de noites de insomnio producidas pola interacción coas redes sociais. No seu delirio, realiza accións sen sentido mentres grava e sube vídeos a tiktok sen conseguir likes nin seguidores. Así, secuestrado polos algoritmos e seducido polas intelixencias artificiais que o acompañan, convéncese de que toda a existencia non é máis que unha gran ficción, unha xigantesca conspiración e que el...

Vertixe Sonora

Desde a súa presentación en 2011 en Santiago de Compostela, Vertixe Sonora ten realizado 245 concertos e realizado 291 estreas absolutas de 220 compositores de 46 países. Unha década de producións propias e concertos por diferentes festivais e ciclos de España. O seu recoñecemento internacional permitiulle presentarse en escenarios de Alemaña, Estados Unidos, Francia, Hong Kong, Italia, México, Portugal, Suecia e Suíza. Premio Martín Códax 2016 de Música clásica contemporánea, o seu labor foi recollido nos documentais Sonutopias (campUSCulturae da Universidade de Santiago de Compostela, 2014), Correspondencias Sonoras e A lira do deserto (Manuel del Río, 2013 e 2020 respectivamente), este último en conmemoración do 60 aniversario do nacemento do compositor Enrique X. Macías. Ademais do CD coas obras finalistas do XXVI premio Jóvenes Compositores Fundación SGAE-CNDM, rexistrou para WERGO o ciclo Die Wanderung da compositora Lula Romero, e para o selo NEOS The Dimension of the Fragile, monográfico sobre
o compositor Víctor Ibarra. Tamén para NEOS foi rexistrado durante o 2022 un monográfico do compositor colombiano Camilo Méndez que será publicado no 2023.

Óscar Carmona

Nacido en Santiago de Chile en 1975, este compositor, pianista e artista multimedia radicado en Alemaña, centra o seu enfoque actual no modo en que as tecnoloxías impactan na construción do real, illándonos, mecanizando e deshumanizando os nosos vínculos pero á vez proxectando e posibilitando transformacións que nos fan cuestionar os nosos límites como especie. Formado en Chile e en Francia (Cursus 1, IRCAM), Óscar desenvolveu creacións diversas e variadas, desde música para ensambles e orquestra ata obras interactivas e escénicas de carácter transdisciplinar. Nestas últimas, Óscar ten participado en múltiples roles tales como compositor, escritor, programador interactivo, performer, etc. Entre os seus proxectos máis grandes e relevantes dos últimos anos destacan Microteatro Psicopático (2016) para actor, ensamble e electrónica; Autómata (2017), para actriz, 2 músicos, proxeccións 3D, luces e electrónica;  e Artificial (2022), para 3 músicos, sintetizadores e electrónica, esta última estreada por Vertixe Sonora e creada para eles grazas a una Bolsa de Ibermúsicas (2020). Actualmente desenvolve diversos proxectos vinculados co piano, a electrónica e as intelixencias artificiais.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Entrada de balde

Funcións: 
Martes, 27 Xuño, 2023
20:30
Teatro Principal