XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2024 · CALEIDOSCOPIO
'Dende a semente creativa'
Temporada 2023/24: “POSTAIS” Ciclo III
Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela
David Fiuza, director
Antonio Romero Cienfuegos, contrabaixo
Rafael Yebra, saxofón
A aposta pola anovación compositiva característica das Xornadas de Música Contemporánea continúa no programa desenvolvido pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela para o peche desta edición. David Fiuza dirixirá a formación nun programa con tres estreas absolutas compostas por Xosé Carlos Seráns Olveira, Federico Mosquera e Fernando Ruibal e unha obra de Juan Fernández Guzmán. A BMSC contará nesta ocasión coa actuación doutros dous solistas galegos: o contrabaixista Antonio Romero Cienfuegos e o saxofonista Rafa Yebra.
PROGRAMA
• Xosé Carlos Seráns Olveira (1962): Sons e Soños (2023) Estrea absoluta
• Federico Mosquera (1986): Concerto en doce cadros (2024) Estrea absoluta
• Fernando Ruibal (1976): Compac Sax en 4 4 (2024) Estrea absoluta
• Juan Fernández Guzmán Merza (1980): Camiños de Santiago (2020)