VIVA VIVALDI (1, 2, 3 E CATRO ESTACIÓNS)

DATOS BÁSICOS

ARTES ESCÉNICAS · EN FAMILIA

OS MONICREQUES DE KUKAS

Idade recomendada: > 3 anos
Duración: 55 min 
Lingua: galego
As catro estacións de Vivaldi inspiran un espectáculo que representa os cambios que se producen en cada unha das estacións do ano con pequenas historias que valoran a importancia da amizade das relacións afectivas e solidarias. Unha pintora (Maruxa), unha escritora (Rosalía Emilia Concepción) e un músico (Antón) crearán un mundo fantástico e poético cunhas marionetas tratadas cunha paleta de cores brillantes e contrastadas.

FICHA ARTÍSTICA

  • Dirección: Isabel Rey Pousada
  • Elenco artístico: Marian González Rodríguez, Larraitz Urruzola Tolosa, Marcelino de Santiago Viqueira “Kukas”
  • Versión musical: Rubén Barros Deschamps
  • Escenografía: Marcelino de Santiago Viqueira
  • Iluminación: Miguel Cabaleiro Saco
  • Vestiario: Beatriz Busto Lobato

 

Duración: 
55 MIN
Entradas: 

Entradas esgotadas

Funcións: 
Sábado, 21 Setembro, 2024
18:00
Auditorio de Galicia