VITÓRIA
IRIA PINHEIRO
Idade recomendada: > 16 anos
Lingua: galego
Posfunción ao remate do pase
Foco Creadoras de escena
Vitória é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. A peza reconstrúe a historia que vai dende 2017 a 2023 intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía características do cabaré.
Elenco: Victoria Pérez, Salva del Río e Iria Pinheiro
Dirección: Colectiva
Axudante de dirección: Susana Villaverde
Escrita:Iria Pinheiro.
Apoio á dramaturxia: Vanesa Sotelo e Ricardo Correia
Sonoridades: Mónica de Nut e DJ Concha
Iluminación: Daniel Abalo
Produción: Mona Produtora
Foto: Paula Pez
Deseño: La Meri