VISITAS GUIADAS | DÉCIMO TERCEIRO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA ARTISTAS NOVEIS

DATOS BÁSICOS

Na recta final da exposición das obras finalistas ao Décimo terceiro premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis, Compostela Cultura programa unha serie de visitas guiadas para afondar nos traballos que conforman a mostra.

Achégate a descubrir as creacións de trinta e tres artistas e colectivos nunha exposición que percorre diferentes disciplinas como a pintura, o debuxo, a escultura, o vídeo ou a instalación e na que creadoras e creadores nos interpelan con temas de actualidade que son reflexo de preocupacións universais, dende a degradación da paisaxe, á emerxencia climática, os incendios, o abandono do rural ou os límites entre a persoa e a natureza. Canda estas cuestións, as pezas visitan os mitos gregos e a arte rupestre,  os espazos deshabitados e os espazos íntimos, enfrontan as violencias LGBTIfóbicas, a deterioración física ou o suicidio, e reflexionan sobre a infancia, o amor, os medos ou a memoria.

Para descubrilas, ábrense varios grupos de visitas en horario de tarde (entre as 16 ás 19 horas) que serán conducidas por María Pillado Rico, estudante do Grao de Historia da Arte da USC . Todas elas son de carácter grautíto previa reserva de praza. Escolle a do teu interese neste formulario e axiña recibirás confirmación da túa reserva.

INFO PRÁCTICA

  • Visita de balde
  • Duración aproximada : 45 minutos
  • Imprescindible inscrición previa: os grupos péchanse ás 12 h do día anterior a cada visita
  • Núm. mínimo de persoas por grupo: 5
Duración: 
45 min
Entradas: 
  • De balde previa reserva no formulario
  • Enviarase confirmación de praza en canto cada grupo acade o número mínimo de participantes
Funcións: 
Venres, 9 Febreiro, 2024 a Domingo, 25 Febreiro, 2024
Auditorio de Galicia