VISITAS GUIADAS · OLLOS DE VIDRO

DATOS BÁSICOS

O Auditorio de Galicia pon en marcha unha serie de visitas guiadas dirixidas a público xeral para percorrer a exposición 'Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia'.

En 1922 Castelao publicou na editorial Céltiga unha obra de espírito teatral e carácter humorístico que falaba das relacións entre os mortos e os vivos na cultura galega. Era O ollo de vidro, un conto sobre a perspectiva, sobre a posibilidade de habitar a vida desde a conciencia, contemplando a historia política contemporánea en directo e cruzando, con elegancia, a liña entre a ficción e a realidade, entre o rural e o urbano, entre a poética e a política. No conto, unha prótese ocular de cristal –daquela unha rechamante novidade comercial– permitía maxicamente que vivos e mortos se mirasen. Así, artistas e literatos, figurativamente, viraban tamén eles «fabricantes de ollos».

Con este punto de partida Germán Labrador Méndez -comisario da exposición- realiza unha completa investigación, co acompañamento de María Bella, que engarza ópticas diversas desde as que revisitar a historia galega e o seu relato oficial. Son máis de 300 pezas elaboradas por preto dun cento de creadoras e creadores. Unha reflexión crítica sobre a Galicia actual, coas formas que retratan e denuncian a gravidade da crise ecolóxica e a persistencia de estruturas coloniais extractivas. Un espazo de memoria e construción colectiva.

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  1. Dirixidas a público xeral
  2. Visita de balde 
  3. Realizaranse os venres e sábados. Cómpre seleccionar día e hora no momento de cumprimentar o formulario
  4. A inscrición pecha ás 14.00h do día anterior a cada visita
  5. Agás no caso de grupos de máis de 5 persoas, non é preciso recibir confirmación. Abonda con presentarse no Auditorio de Galicia na data e hora seleccionadas e agardar na recepción o comezo da visita

RESERVA A TÚA PRAZA (a partir do luns 17 ás 11.00 h)

Duración: 
45 min.
Entradas: 

INFORMACIÓN PRÁCTICA

Formulario de solicitude

  1. Dirixidas a público xeral
  2. Visita de balde 
  3. Duración aproximada da visita 45 min.
  4. Realizaranse os venres e sábados. Cómpre seleccionar día e hora ao cumprimentar o formulario 
  5. A inscrición abre o luns 17 e pecharase ás 14.00h do día anterior a cada visita
  6. Agás para grupos de máis de 5 persoas, non é preciso recibir confirmación. Abonda con presentarse no Auditorio de Galicia na data e hora seleccionadas e agardar na recepción o comezo da visita 
Funcións: 
Venres, 21 Febreiro, 2025 a Venres, 23 Maio, 2025
Auditorio de Galicia