CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
VIENS, JE T´EMMÈNE / UN HEROE ANÓNIMO (2022)
Alain Guiraudie
Francia, Bélxica / 100 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Doria Tillier, Noémie Lvovsky, Nathalie Boyer
Ficha técnica:
Guión: Alain Guiraudie, Laurent Lunetta
Fotografía: Hélène Louvart
Edición: Jean-Christophe Hym
Produción: CG Cinéma
Sinopse:
Un acto de terrorismo arruína a noiteboa na cidade de Clermont-Ferrand. Mentres a cidade vai caendo no pánico, Mederic, de trinta e tantos anos, namora de Isadora, unha prostituta maior ca el.
Alain Guiraudie (Villefranche-de-Rouergue, Francia). Estudou Historia e Filosofía antes de se interesar no cinema. En 1990 dirixiu a súa primeira curtametraxe, L’héros sont immortels, e nela fixo tamén a primeira das súas aparicións periódicas como actor. Dirixiu La Force des choses (1997), On m’a volé mon adolescence (2007), O descoñecido do lago (premio ao mellor director da sección ‘Un certain regard’ do Festival de Cannes 2013) ou Rester vertical (2016), entre outras.