O Concello de Santiago colabora un ano máis coa Deputación da Coruña na organización do Festival Rosalía, un evento que chega en 2024 á súa sexta edición baixo o lema 'Un grande atrevemento'.
"Grande atrevemento é sen dúbida que, na súa sexta edición, o Festival Rosalía se encha de sol, harmonía e naturalidade, para celebrar novas e diversas creatividades en lingua galega. Durante dúas xornadas daranse a coñecer belezas de primeira orde: poesía, teatro, música e artesanía de inspiración fecunda, que dan nova dimensión á nosa lingua e á propia Rosalía*"
*Texto inspirado no prólogo de Rosalía de Castro á súa obra Cantares Gallegos (1863).
O festival terá lugar os días 23 e 24 de febreiro na Praza de Mazarelos (Santiago de Compostela) e todas as actividades serán de balde.
DETALLE DO PROGRAMA