CINEUROPA · DOCS CINEUROPA
VELOCIDAD DE ESCAPE (2023)
Carmen Torres
Colombia, España, Arxentina / 77 min / Documental / Español
Ficha artística:
Tot Romero e Carmen Torres
Ficha técnica:
Guión, fotografía e montaxe: Carmen Torres
Sinopse:
Tot está en pleno romance con M. cando esta decide, de súpeto, romper con todo. A partir daquela, Tot atravesa o dó que segue a ruptura. Ela compartirá os seus pensamentos e emocións con honestidade e sentido do humor. No entanto, a relación de Tot e a directora desvela unha amizade profunda e duradeira: Tot e Torres foron amantes no pasado e hoxe son grandes amigas. Así, Velocidad de escape explora o amor entre mulleres, relacións que se transforman, corazóns rotos e amizades que perduran. Pero, sobre todo, amosa que a vida son momentos e que ao final todo acaba saíndo ben.
Carmen Torres (Bogotá, Colombia). Cineasta, guionista e directora de fotografía arxentino-colombiana. A súa primeira longametraxe documental, Amanecer (2018), explorou a construción da identidade persoal e o sentido de pertenza. Gañou o premio á mellor película colombiana no Festival Internacional de Cinema de Cartaxena de Indias e Mención Especial en DocLisboa. Foi directora de fotografía en Oleg y las raras artes (Andrés Duque, 2015) e de Los rubios (Albertina Carri, 2003). Velocidad de escape é a súa segunda longametraxe.