VALENTINA O LA SERENIDAD + TOXOS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA MIÚDA

VALENTINA O LA SERENIDAD (2023)

Ángeles Cruz

México / 86 min / Ficción / Español

Ficha artística: Danae Ahuja Aparicio, Alexander Gadiel Mendoza Sanchéz, Myriam Bravo

Ficha técnica:

Guión: Ángeles Cruz

Fotografía: Carlos Correa

Edición: Felipe Gómez

Produción: Isis Ahumada, Myriam Bravo, Ángeles Cruz

Sinopse:

Valentina, unha nena que vive en Villa de Guadalupe Victoria, na rexión mexicana de Oaxaca, enfróntase á perda do seu pai nun accidente. No seu intento de comprender e de aceptar esta dolorosa realidade, Valentina busca refuxio na fantasía e imaxínase como unha superheroína cun pano da casa como capa. Con poderes imaxinarios sobre o vento, a terra e as árbores, tenta superar a devastadora ausencia do seu pai. A historia é un delicado camiño cara á aceptación da morte e a aprendizaxe de continuar coa vida, a pesar da perda.

Mellor película e mellor actriz (Myriam Bravo) no Festival de Huelva 2023

Imaxe de portada Toxos

____

TOXOS (2023)

Jacqueline Reimúndez, Anxo Cambón

España / 12 min / Ficción / Galego, castelán

Ficha artística: Mariña Gestoso, Iria León, Carla Álvarez, Rubén Buezas, Nicolás Silva, Paloma San Martín, Gonzalo Valcárcel

Ficha técnica:

Guión: Jacqueline Reimúndez

Fotografía: Samuel Román

Edición: Samuel Román

Sinopse:

Toxos é unha historia de aventuras que viaxa polas lendas e o misticismo galego da man de catro rapaces e rapazas de 12 anos e unha cadela. A súa curiosidade tras ler un libro de historias da tradición oral galega lévaos a descubrir a veracidade dunha lenda dunha grade de ouro agochada no río Ulla.

Anxo Cambón (A Coruña) e Jacqueline Reimúndez (A Estrada). Realizaron esta curtametraxe como Traballo de Fin de Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña. Con ela acadaron a matrícula de honra e o premio ao mellor TFG de Temática Galega.

Mellor peza de ficción e mención á mellor interpretación no Facom Fest 2023

Imaxe Toxos

Duración: 
101 MIN
Entradas: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 15.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Funcións: 
Sábado, 16 Novembro, 2024
15:45
Salón Teatro