De tu casa a la mía é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores.
Uxía e Ruibal teñen xa unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago, selando a irmandade norte-sur e a proximidade de espírito e de ideais; poñer no centro o que nos une e non o que nos separa, «tender pontes da túa casa á miña» sobre os versos e a alma de dúas figuras universais.