CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
UNA BALLENA (2024)
Pablo Hernando
España / 108 min / Ficción / Español
Ficha artística: Ingrid García-Jonsson, Ramón Barea, Asier Tartás, Kepa Errasti
Ficha técnica:
Guión: Pablo Hernando
Fotografía: Sara Gallego
Edición: Pablo Hernando
Produción: Leire Apellaniz, Cristiano Bortone, Daniela Porto
Sinopse:
Cando Ingrid preme o disparador, as súas vítimas non saben quen lles disparou. A súa habilidade para infiltrarse e desaparecer sen deixar pegada convértese na súa mellor arma como implacable asasina a soldo. Pero ese poder provén doutra dimensión, dun lugar habitado por criaturas monstruosas que a afastan cada vez máis da súa humanidade. A medida que Ingrid se mergulla máis no seu inquietante mundo, a liña entre a súa identidade e a das súas vítimas comeza a esvaerse, revelando un conflito interno que a levará a cuestionar o prezo da súa vida de violencia e a súa verdadeira natureza.
Pablo Hernando (Vitoria, España). Director e guionista que ten no seu haber cinco curtas, entre as que destacan Agustín del futuro e Magia. Ademais, dirixiu a longametraxe Berserker (2015), presentada no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Hernando tamén se dedica á actuación, á animación e ten experiencia en edición e produción, mostra da súa versatilidade no mundo do cine.
Sección oficial do Festival de Sitges 2024