CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · O CINEMA DA CONSPIRACIÓN
TWILIGHT'S LAST GLEAMING / ALERTA: MÍSILES (1977)
Robert Aldrich
Estados Unidos / 145 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Burt Lancaster, Roscoe Lee Browne, Joseph Cotten, Melvyn Douglas, Charles Durning, Richard Jaeckel, William Marshall, Gerald S. O'Loughlin, Richard Widmark, Paul Winfield, Burt Young
Ficha técnica:
Guión: Ronald M. Cohen e Edward Huebsch. Baseado nunha novela de Walter Wager
Fotografía: Robert B. Hauser
Edición: Michael Luciano, William Martin, Maury Winetrobe
Produción: Merv Adelson
Sinopse:
En 1981, un antigo xeneral veterano da guerra de Vietnam, degradado das Forzas Aéreas norteamericanas, escapa dun cárcere de Montana xunto a tres homes. O grupo apodérase dunha base militar con mísiles nucleares Titán e ameaza con lanzalos contra a URSS se o presidente dos Estados Unidos non cumpre as súas esixencias: pagarlles 100 millóns de dólares, garantirlles impunidade e facer público en televisión un documento secreto redactado polo expresidente Nixon, que revela os verdadeiros motivos da intervención norteamericana no sureste asiático durante a guerra de Vietnam.