CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL· NOVAS/OS CINEASTAS
TURN ME ON (2024)
Michael Tyburski
Estados Unidos / 99 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Bel Powley, Nick Robinson, Justin H. Min, D'Arcy Carden, Nesta Cooper, Griffin Newman
Ficha técnica:
Guión: Angela Bourassa
Fotografía: Matt Mitchell
Edición: Matthew C. Hart
Produción: Richard J. Bosner, Angela Bourassa, Sean Bradley, Tayler Haynes, Eric Hollenbeck, Camille Mousseau, Toby Nalbandian, Zareh Nalbandian, Gregory Schmidt, Fabien Westerhoff
Sinopse:
Nun futuro próximo, as emocións humanas foron eliminadas por mor dunha pílula diaria imposta polo goberno, que promete unha vida sen sufrimento nin complicacións emocionais. Unha parella de mozos decide non tomar unha das doses e, ao facéreno, descobren un mundo de sentimentos que nunca imaxinaran -o amor, a ledicia, o desexo- e as complexidades que estes traen consigo. Ao exploraren estas novas emocións, teñen que se enfrontar tamén a dilemas éticos e morais que poñen a proba non só a súa relación, senón tamén a propia estrutura da sociedade na que viven.
Michael Tyburski (Nova York, Estados Unidos). Estreou a súa primeira longametraxe, The Sound of Silence (2019), na sección Novos directores do Festival de Sundance. A súa curta Palimpsest (2013) gañou un premio especial do xurado tamén nese certame e a revista Filmmaker incluíuno na súa lista de ‘25 novas caras do cinema independente’ no mesmo ano.
Premio do xurado novo no Festival de San Sebastián 2024