TROMSØ
MORRAOCONTO
Idade recomendada: > 16 anos
Lingua: galego
Posfunción ao remate do pase
Foco Memoria en escena
Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, nalgúns casos, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.
Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura dun lugar onde tirar pola borda esa pena que se alimenta da alma e deixala afundir, dunha vez por todas, na inmensidade azul.
Nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.
Texto e dramaturxia: Rafa Martínez
Dirección: Rafa Martínez, Esther Latorre
Dirección coreográfica e de movemento: Esther Latorre
Elenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga
Música en directo: Julia Ammerman, Manuel Fernández
Escenografía e vestiario: A Compañía / Ana Gesto
Deseño de iluminación: José Faro «Coti»
Voz en off: Alba López
Animacións: Rafa Martínez
Máscaras: Rafa Rey
Deseño e imaxe gráfica: Rafa Martínez
Agradecementos: Alfredo López (CEMMA Cetáceos), Ana Gesto, Roberto Salgueiro, Manu Lago, Paula Quintas, Sheyla Fariña.
Co apoio da Xunta de Galicia, Concello de Ames e a colaboración do Concello de Santiago, Compostela Cultura, Concello de Vimianzo, CEMMA Cetáceos.