CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · BRANDO FAI CEN ANOS. O ACTOR’S STUDIO, DEUSES E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS
THE TRIP TO BOUNTIFUL / REGRESO A BOUNTIFUL (1985)
Peter Masterson
Estados Unidos / 108 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Geraldine Page, John Heard, Carlin Glynn, Richard Bradford, Rebecca De Mornay
Ficha técnica:
Guión: Horton Foote. Baseado nunha obra de Horton Foote
Fotografía: Fred Murphy
Edición: Jay Freund
Produción: Horton Foote, Sterling Van Wagenen
Sinopse:
Carrie Watts é unha anciá infeliz que vive cun fillo sobreprotector chamado Ludie e coa súa nora Jessie Mae, unha antipática señora que tenta controlala porque pensa que á súa idade non se dá valido por si mesma. Cansa desta vida, decide marchar a Bountiful, a súa cidade natal. O único problema é que non sabe conducir e o seu fillo non a quere axudar a cumprir o seu desexo. Carrie foxe nun autobús coa axuda da súa amiga Thelma. Cando o seu fillo e a mais a nora descobren que escapou chaman ao sheriff Clancy, pero o que non saben é que Clancy axudou a Carrie a chegar ao seu destino.
Mellor actriz (Geraldine Page) nos Óscar 1986