CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL· PANORAMA INTERNACIONAL
A TRAVELER'S NEEDS / YEOHAENGJAUI PILYO / NECESIDADES DUNHA VIAXEIRA (2024)
Hong Sang-soo
Corea do Sur / 90 min / Ficción / Inglés, francés, coreano
Ficha artística:
Yunhee Cho, Kwon Hae-hyo, Isabelle Huppert
Ficha técnica:
Guión: Hong Sang-soo
Fotografía: Hong Sang-soo
Edición: Hong Sang-soo
Produción: Hong Sang-soo
Sinopse:
Ninguén sabe de onde vén esta muller. Está sentada nun banco do parque e toca dilixentemente unha frauta doce infantil. Disque é francesa. Sen cartos nin medios para se manter, aconselláronlle ensinar francés. Así é como chega a ter como alumnas a dúas coreanas. Á muller gústalle andar descalza e deitarse nas rochas. E cando se sente con forzas, intenta vivir a vida do xeito máis racional posible. Pero as cousas seguen sendo tan difíciles coma sempre. Confía en que o makgeolli (bebida alcohólica coreana) lle proporcione un pouco de acougo cada día.
Hong Sang-soo (Seúl, Corea do Sur). É un nome esencial no cinema contemporáneo e un habitual nos grandes festivais. Sang-soo debutou en 1996 con The Day a Pig Fell into the Well e desde aquela escribiu e dirixiu máis de trinta longametraxes. O seu cinema, cunha aparencia sinxela e un espírito tradicional, exuda un humanismo que cativou o público de todo o mundo e que o levou a gañar, entre outros, o premio á mellor dirección en Locarno, Berlín e San Sebastián.
Oso de Prata na Berlinale 2024