JAVIER CASADO & GUILLERMO VIDAL RIBAS
Idade recomendada: > 10 anos
Duración: 60 min
Lingua: castelán
[DENTRO DO PROGRAMA DANZA A ESCENA DE LA RED DE TEATROS AUDITORIOS, CIRCUÍTOS Y FESTIVALES. INAEM. MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE]
Transmissions é unha conferencia-espectáculo que combina música, audiovisuais, palabra e movemento en vivo para explicar as danzas urbanas en todas as súas dimensións. Ofrece un discurso dinámico e accesible para todos os públicos: tan enriquecedor para expertos como para quen queren achegarse ás danzas urbanas.
Onde, cando e por que se xeraron estas formas de expresión? Que as caracteriza? Como continúan desenvolvéndose hoxe en día? Estas son algunhas das cuestións que se expoñen, así como o impacto que tiveron non só no ámbito da danza senón tamén no conxunto da cultura popular desde finais do século XX e até a actualidade.
Transmissions é froito dunha investigación realizada por Guille Vidal-Ribas e Javi Casado que recolle o coñecemento adquirido durante máis de dúas décadas como bailaríns de danza urbana, combinándoo con información extraída dunha ampla base documental e de entrevistas a figuras pioneiras e referentes nacionais e internacionais neste ámbito.
Ficha artística
Autoría: Guille Vidal-Ribas e Javi Casado
Reparto: Guille Vidal-Ribas e Javi Casado/Àlvar Marcos
Deseño e produción técnica: Fran Ortega
Coprodución: Mercat de les Flors, HOP Plataforma de Danza y Cultura Urbana, El Generador Art i Creació Cultural
Co apoio de: Explica Dansa, Centre Cívic Barceloneta, APdC - Associació de Professionals de la Dansa de Catalunya (beca "Carretera i Dansa")
Distribución: Vulcana
Fotografía: Marta García
Vídeo: Marc Costa Films
© Fotografía: Marta García