CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · BRANDO FAI CEN ANOS. O ACTOR’S STUDIO, DEUSES E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS
THE THREE FACES OF EVE / AS TRES CARAS DE EVA (1957)
Nunnally Johnson
Estados Unidos / 91 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Joanne Woodward, David Wayne, Lee J. Cobb
Ficha técnica:
Guión: Nunnally Johnson. Baseado nunha obra de Corbett H. Thigpen e Hervey M. Cleckley
Fotografía: Stanley Cortez
Edición: Marjorie Fowler
Produción: Nunnally Johnson
Sinopse:
En 1951, Eve White, unha muller tímida e humilde, sofre intensas dores de cabeza e vaídos e busca axuda no psiquiatra Dr. Luther. Baixo a súa hipnose, aflora nela unha nova personalidade salvaxe, a da pícara Eve Black, coñecedora de tódolos segredos de Eve White, que ignora a súa existencia. Aínda xorde unha terceira personalidade, a da estable Jane. A situación complícase cando Eve Black amosa a súa vertente máis perigosa e estrangula a filla de Eve White, Bonnie. A historia explora a loita de Eve White por recuperar o control da súa vida, mentres o Dr. Luther investiga o trauma que deu lugar a estas múltiples personalidades. Unha intrigante exploración da mente humana que mantén o espectador en suspenso.
Mellor actriz (Joanne Woodward) nos Óscar 1958
Mellor actriz (Joanne Woodward) nos Globos de Ouro 1958