Sección non competitiva adicada a cineastas de Galicia que teñan unha obra consistente e personal.
NACHO ALONSO
Regálolle a Eva un pequeno laboratorio que instala na planta baixa da nosa casa. Así comecei a facer fotografías. Falamos dunha decena de carretes en dous ou tres anos. Máis tarde, cunha lente de 90 mm, comezo a facer retratos en branco e negro. Para facelos sírvome dunha luz suave que maquilla a realidade e a idealiza. Quizás non era esta a miña intención, pero foi o resultado de acudir unha e outra vez a un recurso que funciona. Non lembro tomar decisións en canto á composición. A ver, achegábame moito. Con estes retratos comezo a entender como reacciona unha película. Son xente que coñezo. Os mellores funcionan como espellos. Algúns son premonitorios. Pouco a pouco reconcíliome comigo mesmo. Non sempre teño diñeiro para carretes. Este feito marcou definitivamente a miña maneira de traballar. Fago poucas fotos.
Esta sesión contará coa presenza do autor. Terá formato de proxección-coloquio interactivo co público e proxectaranse dous diaporamas dos fotolibros Ensayo sobre la noche e Solar.
THE HUM. EL SONIDO QUE PROVOCAN LAS VIBRACIONES DESDE EL CENTRO GALÁCTICO.
THE HUM. O SON QUE PROVOCAN AS VIBRACIÓNS DENDE O CENTRO GALÁCTICO.
Nacho Alonso | 2015 | 01:13 | España | FIC | COR
Quixen gravar en vídeo un lugar que fotografara outras veces, un espazo negativo na zona portuaria de Vigo. Os baixos fondos. A idea de comezar coa imaxe conxelada é unha certeza sobrevida na cama. É importante o son que produce o xerador e a reverberación que permanece despois de apagarse. O título escóitoo unha madrugada de sono lixeiro na casa dunha amiga afeccionada a documentais sobre realidades paralelas. The Hum. O son que provocan as vibracións dende o centro galáctico. Incorporeime, parei o vídeo e souben de inmediato que ese sería o título desta peza.
APERTURA. LA IMAGEN DE LA MAÑANA COMO LA DE UN REINICIO, UNA APERTURA.
APERTURA. A IMAXE DA MAÑÁ COMO A DUN RECOMEZO, UNHA APERTURA.
Nacho Alonso | 2017 | 04:31 | España | FIC | COR
A droga expúlsate a lugares estraños. A imaxe da mañá como a dun reinicio, unha apertura. Un home séntase, mira cara o horizonte e sabe que está morto.
FCKR
Nacho Alonso | 2018 | 10:13 | España | DOC | COR
Pasei uns meses marabillosos en Berlín. Todas as fines de semana, a dous pasos de casa, deslizábame cunhas moedas no peto ata a sala de concertos da K19 en Kreutzigerstrasse. Quen tocaba era o de menos. Noise. Hardcore. Punk. Unha desas veces levei unha pequena cámara mini dv e gravei con ela o final do concerto dunha banda de Leipzig: FCKR. O resultado desa gravación é este breve documento.