PRODUCCIONES TEATRALES CONTEMPORÁNEAS
Idade recomendada: >16 anos
Duración: 75 min
Lingua: castelán
[DENTRO DO PROGRAMA PLATEA DO INAEM. MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE]
Unha oficina escangallada, a casa dunha parella, un bar e un consultorio médico. Diferentes sitios que se alternan nun mesmo espazo conxugando a vida de cinco personaxes. Úneos a soidade, a incomprensión e a necesidade de amar.
Cinco vidas, cinco desexos de amar, cinco persoas incapaces.
Mentres tanto vívese, trabállase, téntase.
Medo a non ser, medo a que saiban quen son.
Medo e incapacidade.
A historia de querer e non saber que facer.
A historia dun intento absurdo.
E subir as escaleiras.
E querer vivir cada día a pesar de todo.
Ficha artística
Texto e dirección: Claudio Tolcachir
Reparto: Natalia Verbeke, Carmen Ruiz, Carlos Blanco, Nuria Herrero e Gerardo Otero
Escenografía e vestiario: Almudena Bautista
Iluminación: Ion Anibal López
Deseño espacial: Claudio Tolcachir
Deseño gráfico: Javier Naval
Axudante de dirección: Carlos Montalvo
Produtores asociados: Jonathan Zak y Maxime Seugé
Produción executiva: Olvido Orovio
Dirección de produción: Ana Jelin
© Fotografía: Elena C. Graíño