TÚ Y YO

DATOS BÁSICOS

TÚ Y YO
DA.TE DANZA

Idade recomendada:> 6 meses 
Duración: 50 min (inclúe 15 min de coloquio) 
Lingua: castelán con fragmentos interpretados en lingua de signos

Dous corpos que respiran todo o que os rodea. Dous corpos que aprecian o que non coñecen, dous corpos que xorden, crecen e se descobren na súa tenra vida a través do xogo e da curiosidade. 
Tú y yo,  e a danza… para eses miúdos corazóns amantes da vida. 
Tú y yo, latexa dentro deses lugares comúns ás persoas, que ao compartilos se volven presentes e nos mellores ao recoñecelos Tu y yo, nace coa condición de utilizar os límites que conviven coas persoas e usalos como discurso para a creación do espectáculo.
Deseñado especialmente para a primeira infancia, este espectáculo ábrese a un mundo de posibilidades para bebés, nenos, nenas (de 6 meses en diante) e familias. 
Baixo a lema «Un espectáculo concibido para un público diverso», buscamos crear un espazo onde as persoas poidan vivir unha experiencia única, aprendendo de maneira sinxela a aceptar, apreciar e respectar os demais. Este delicado mundo de sensacións revélanos a imperante necesidade que todos temos de ser recoñecidos, así como de recoñecer os demais. 
A sensibilidade cara á iluminación e a mirada, a delicadeza pulsada con cada música para ser percibida na súa vibración, a lingua de signos nas mans para a danza, os sentidos como motores dos detalles coreográficos. Estímulos para non sentirnos limitados, e poder avanzar, aprender e superar. 
En Tú y yo, , celebramos a diversidade e facemos da inclusión a nosa norma.

Dramaturxia: David Ojeda
Dirección do espectáculo: Omar Meza
Dirección teatral: Concepción Villarubia
Composición musical: Carmen García Jara
Bailaríns e colaboración coreográfica: Raúl Durán e Haku Guerrero
Elenco de substitución: Álvaro G. Copado e Haku Guerero
Deseño de iluminación: Aitor Palomo
Deseño e execución de vestiario: Javier Lévon
Asesoramento en utilería: Ángel Sanz
Administración: Rosa Mª Marín
Asesoramento con discapacidade auditiva: Elena López Burgos (Docente do grado en lingua de signos española e comunidade xorda da URJ)
Asesoramento en discapacidade visual: Francisco López Montellano e Carmen Herrero Menéndez (Centro de Recursos Educativos de ONCE Madrid) Tania Gombao e Cristina Carrasco (Asociación APHISA, de Alcalá de Henares)
Dirección de produción e comunicación: Enrique Fernández
Distribución: a+ Soluciones Culturales e Kandengue Arts

Duración: 
50 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Sábado, 5 Abril, 2025
18:00
Teatro Principal