CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA· BRANDO FAI CEN ANOS. O ACTOR’S STUDIO, DEUSES E MONSTROS NA REVOLUCIÓN DAS EMOCIÓNS
SWEET BIRD OF YOUTH / DOCE PAXARO DE XUVENTUDE (1962)
Richard Brooks
Estados Unidos / 120 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Paul Newman, Geraldine Page, Shirley Knight, Ed Begley, Rip Torn, Mildred Dunnock, Madeleine Sherwood
Ficha técnica:
Guión: Richard Brooks. Baseado na obra de Tennessee Williams
Fotografía: Milton Krasner
Edición: Henry Berman
Produción: Pandro S. Berman
Sinopse:
Chance Wayne, un aspirante a actor, abandona a súa vila natal co soño de saltar á fama, pero a súa vida non transcorre como esperaba. Para lograr a notoriedade que tanto cobiza, comeza unha relación con Alexandra Del Lago, unha antiga estrela de cine en decadencia que lle promete abrirlle as portas do mundo do espectáculo. Ao regresar á súa cidade de orixe, hospédanse no hotel máis luxoso, onde as aparencias se entretecen cos desexos ocultos. Aínda que a súa relación coa actriz lle proporciona notoriedade, a verdadeira arela de Chance é recuperar o amor da súa antiga moza, a filla dun poderoso político local. A súa loita por amor e ambición nun ambiente de glamour e desilusión levarao a enfrontarse cos seus propios soños e a cuestionar as súas decisións.
Mellor actor de reparto (Ed Begley) nos Óscar 1963
Mellor actriz dramática (Geraldine Page) nos Globo de Ouro 1963