Esta sección naceu para salvar a brecha existente entre as primeiras experiencias cinematográficas e os circuítos profesionais. Eses primeiros traballos que non teñen fácil acceso a espazos de difusión atopan en Supernova o seu lugar. O festival quere empregar esta sección para que cineastas emerxentes aprendan a presentar, defender e acompañar os seus filmes e, para isto, encargarase de que entre o público haxa sempre programadores, produtores e realizadores máis experimentados que poidan cuestionar as propostas e enriquecer os coloquios.
O QUE MEDRA POR DENTRO
Nacho Ozores | 2018 | 17:00 | España | FIC | COR
Cris, un ecoloxista medioambiental que loita por repoboar o bosque, atópase cos indicios dun incendio forestal claramente intencionado a punto de estalar. Tras evitalo, descobre ao responsable disto tratando de solventar ese anterior intento fallido. Cris fará o posible por impedilo de novo.
O ENTERRADOR BEJINS
Alejandro Sixto García | 2019 | 29:56 | España | FIC, EXP | COR
A funeraria Ruibal vese ameazada pola chegada da familia rusa smirnoff que tamén ten como negocio familiar o dos enterros. O Sr.Ruibal, xefe da familia local, xunto cos seus dous fillos, trata de expulsar pacificamente aos rusos, mais estes resultan ser moito máis perigosos do que se esperaban e as negociacións non saen como se planearon.
HOY NO VA A LLOVER
HOXE NON VAI CHOVER
Lautaro Herrera Batallán | 2019 | 11:57 | España | FIC | COR, B&N
20 años despois de que Carlota entrase en coma, os seus pais Antonio e María viven hoxe sen apenas mirarse, o único que os mantén unidos é a súa filla. El, gafe e firme defensor da cultura do non esforzarse, espera que un golpe de sorte lle cambie a vida. Ela, severa e dona da casa, vive esperando a que el se vaia da súa casa. O seu día a día é aburrido, pero en calquera momento todo pode cambiar. A sorte e a morte poden aparecer en calquera momento. Será este o día?
1 DE 8000
Marta Valverde | 2019 | 08:36 | España | DOC, EXP | COR
Papá traballa nunha fábrica facendo pezas de motores de coche. Exactamente 8000 pezas diarias. Papá non acaba de entender que fai a súa filla cunha cámara, pero sabe que, ao final, o que queren, son máis pezas.
LA MAGDALENA DE PROUST
A MAGDALENA DE PROUST
Adela Dávila | 2018 | 12:05 | España | EXP | COR
Unha fotografía é unha comparación entre o tempo presente e o tempo pasado pero, é o momento rexistrado igual ao momento vivido? As lembranzas establecen unha fronteira, un punto de xiro que nos envorca a vida. Rodeámonos da súa forma material para darlles un lugar onde habitar, para que tamén eles nos habiten a nós.
A NINGUNA PARTE
A NINGUNHA PARTE
Pedro Vilas | 2019 | 11:37 | España | FIC | COR
Carla sae unha noite de festa. De volta a casa atópase a unha chica aturdida á que intenta axudar. Afróntase, entón, a unha siituación inesperada na que sae a flote unha parte da súa personalidade que estaba durmida.
O QUE PRECEDE A CAÍDA É BRANCO
Aldara Pagán | 2018 | 08:28 | España | FIC, EXP | COR
Un irreductible alento de loucura intermitente desquicia o seu pensamento, aínda cálido, descubrindo unha sensación insoportable de abandono idealizado.
CASTING
Lucía Estévez | 2019 | 12:25 | España | DOC | COR
O grupo de teatro Muxicas é un colectivo artístico formado na súa maioría por actrices e actores con cegueira ou cunha discapacidade visual grave. Con esta peza tratamos de reflexionar sobre a ausencia das persoas con cegueira no panorama audiovisual galego, concretamente no eido interpretativo.
STOCKROOM
ALMACÉN
Sol Mussa | 2019 | 11:22 | España | DOC, EXP | COR
Curtametraxe de xénero documental que mestura imaxes dun almacén de traballo con exteriores de Londres. Retrátanse as dificultades da cidade a través dos traballadores do almacén, os propios pensamentos de alguén que está vivindo o cambio ao novo lugar ou do Brexit. As imaxes están tratadas de forma experimental e permiten falar da memoria e dos cambios.
A TYPICAL MORNING
UNHA MAÑÁ TÍPICA
Arancha Brandón | 2019 | 07:00 | España | DOC, EXP | COR
Tras o encontro de dous animais no río, cóntanse lendas familiares e lembranzas da infancia no rural galego dos anos 60. Unha viaxe surrealista entre o pasado e o presente a través das vivencias da nai da directora.