CINEUROPA ·
SECCIÓN PARALELA · FANTASTIQUE COMPOSTELA · MARATÓN
STRANGE DARLING (2024)
J. T. Mollner
Estados Unidos / 96 min / Ficción / Inglés
Ficha artística: Willa Fitzgerald, Kyle Gallner, Madisen Beaty, Barbara Hershey
Ficha técnica:
Guión: J. T. Mollner
Fotografía: Giovanni Ribisi
Edición: Christopher Robin Bell
Produción: Bill Block, Roy Lee, Steve Schneider, Giovanni Ribisi, Chris Ivan Cevic
Sinopse:
Nunha noite de festa, unha moza coñece a un home atractivo e carismático, sen saber que é un asasino en serie. O que comeza como unha aventura dunha soa noite axiña se transforma nun pesadelo ao descubrir a verdadeira identidade do seu acompañante.
Asustada, intenta fuxir, pero o asasino, obsesionado coa súa nova presa, non está disposto a deixala marchar facilmente. A moza vese envolta nunha perigosa persecución, na que cada paso que dá a achega máis ao perigo.
J. T. Mollner (Las Vegas, Estados Unidos). Director, produtor e guionista de cine coñecido polo seu debut coa película Outlaws and Angels, que recibiu eloxios no Festival de Sundance no 2016 pola súa técnica de filmación con película Kodak e cámaras Panavision.
Mellor fotografía no Festival de Sitges 2024