Recomendado para 5º e 6º Primaria
Con SOMOS IGUAIS, SOMOS DISTINTOS imos poñer o foco na diversidade funcional, é dicir, nas vidas das persoas que simplemente son distintas a nós por ter outras capacidades.
Servirémonos de pezas que na súa totalidade están protagonizadas por nenos/as con diversidade funcional (cegas, sordas e mudas, cunha discapacidade física…) para coñecer a través desas historias como os/as personaxes afrontan o mundo dende a súa realidade diferente á nosa.
No cinefórum infantil contaremos con representantes de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), que nos axudarán a debullar a complexidade e todos os detalles das historias vistas en pantalla.