ROI BORRALLAS
Idade recomendada: >8 anos
Duración: 45 min
Lingua: galego
O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mesturan persoa e personaxe. Onde se desfigura a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real.
É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo... Pasen e vexan a traseira deste artista, as súas ideas e tolemias.
Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si propia. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa. Unha excelente interpretación do mellor clown xestual.
Idea orixinal: Roi Borrallas Interpretación: Roi Borrallas
Deseño luz e son: Joan Cot Mirada externa: Joan Cot
Escenografía: Mina Trap Vestiario: Piti de More
Acompañamento artístico: Toti Toronel